Un grupo de usuarios da bicicleta de Ribadeo impulsan unha concentración no Cantón dos Moreno todos os venres primeiros de cada mes para reivindicar espazos de uso para as bicicletas e facerse visíbeis ante o resto dos vehículos.
O obxectivo é “dar entender que os beneficios do uso da bici, tanto a nivel individual como colectivo son múltiples”:
– Combater a vida sedentaria.
– Practica de exercicio diaria
– Evitar colapsar as vías urbanas.
– Uso e disfrute dun vehículo moi apto para un lugar como Ribadeo sen pendentes.
– Que a xente nova o use como medio de desprazamento aos centros escolares… etc.
“Por todo isto, facemos un chamamento a todos os usuarios e ao conxunto dos veciños de Ribadeo para que se sumen á nosa iniciativa e entre todo fagamos posibel unha vila máis sostibel e agradable para tod@s”.
A concentración será este venres 4 de marzo ás 19.00 horas diante do concello de Ribadeo. Posteriormente, realizarase un pequeno recorrido, lúdico-reivindicativo.