Mércores, 2 de marzo de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular recórdalle ao Señor Darío Campos que só apoiará os Orzamentos da Deputación de Lugo “sempre e cando respecten as súas peticións” que responden ás principais demandas dos concellos. A voceira dos populares, Elena Candia, considera que a “nosa predisposición sempre foi razoable e as nosas peticións moi previsibles, pensando no mellor para a provincia”.
Os populares lembran que entre as súas condicións para apoiar os Orzamentos da Deputación de Lugo atópanse a elaboración dun Plan de Obras e Servizos que triplique os fondos do actual, “similar ao do resto das deputacións e para todos os concellos”, así como a blindaxe dos servizos sociais, incrementando a achega económica para o SAF (axuda no fogar) de acordo co Decreto de Servizos Sociais.
O Grupo Provincial do PP pide tamén “un uso racional dos recursos”, enumera Candia, e que se actúe nas infraestruturas de máis necesidade da provincia, ademais de respectarse o principio de autonomía local nos plans de emprego e o cumprimento dos acordos tomados en pleno e nas xuntanzas de Suplusa.
Polo tanto, a voceira dos populares lembra que dende novembro “saben que as nosas peticións son previsibles e razoables” polo que “o único que está a paralizar a institución provincial son as súas liortas internas e a súa falta de compromiso coa provincia”.
Amais, a popular engade que “non imos permitir que o presidente siga empregando a Deputación como moeda de cambio nas negociacións co deputado Manuel Martínez” e asegura, polo tanto, “que o único responsable da paralización é o Señor Darío Campos”. “Se ve que non pode con todo que pense no abandono”, engade.
Elena Candia reitera que os Concellos e os veciños “necesitan uns Orzamentos que non foron aprobados pola falta de predisposición do bipartito, que só pensa no beneficio do partido e non no da provincia; mentres nós estamos preparados para asumir as responsabilidades de Goberno ante a incapacidade de socialistas e nacionalistas”, conclúe.



















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



