O viveirense Cristóbal Rodríguez Fidalgo non puido acadar a clasificación para a final da Copa do Mundo de Río de Péntatlon Moderno. O deportista perdía todas as súas opcións na última proba, na combinada, onde estivo máis frouxo. A pesar diso hai que destacar o bo rendemento na natación e na esgrima.
Na natación acadaba un total de 329 puntos, cun tempo de 2:03:75 e quedaba na décima posición do seu grupo de 35. Na esgrima continuaron as súas boas prestacións logrando 20 vitorias e a undécima posición (226 puntos). Pero na combinada a calor e a humidade pesaron moito sobre o rendemento de Cristóbal e caía moitas posicións. Lograba 537 puntos e foi a 21º do seu grupo, polo que trala suma dos tres resultados lograba un total de 1.092 puntos e quedaba na 18ª posición do seu grupo, fóra dos 36 clasificados para a final do domingo da segunda Copa do Mundo de Péntatlon Moderno de 2016 que se celebraba en Río (Brasil) onde participaban un total de 187 deportistas de altísimo nivel competitivo, xa que eran case os mesmos deportistas que participaron na primeira Copa do Mundo no Cairo.
O outro español presente na Copa de Río, Aleix Heredia, tivo dores nas costas duranta esgrima e non puido rematar a proba.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
