Ribadeo, 4 de marzo de 2016.- A Concellaría de Igualdade ten prevista unha axenda de actividades a desenvolver ao longo dos vindeiros meses para o fomento da igualdade entre mulleres e homes e para previr a violencia machista. Este mes dará comezo un taller de relaxación e prevención do estrés e prepárase outro de autodefensa. Ademais as xornadas de violencia de xénero terán lugar en abril.
O programa formativo #laretasdaigualdade da Concellería de Igualdade está desenvolvéndose nos centros educativos con sesións presenciais onde o alumnado de 3º e 4º da ESO traballa a publicidade sexista para deconstruír modelos alternativos. Hoxe comezaron coa sesión práctica na que Xes Chapela, formador no eido audiovisual, lles está a impartir as nocións básicas para que despois o alumnado poida facer un spot de mellor calidade para presentar a un dos concursos resultantes deste programa, como é o concurso de publicidade non sexista. Un total de 25 sesións presenciais con persoal especialista en igualdade recibirá o alumnado desde que comezou o programa ata finais de marzo.
Ademais, o alumnado de toda a ESO está a traballar ben de forma libre e/ou apoiado desde as aulas de plástica, informática e das propias titorías o cartel para participar no I concurso de carteis. En #laretasdaigualdade convócanse dous concursos, o I concurso de anuncios non sexistas ou vídeo memes e o I concurso de carteis contra a violencia de xénero. Neste segundo concurso teñen que idear o cartel das vindeiras xornadas locais de violencia de xénero. Ademais ambos certames levan premios de carácter económico no primeiro caso e materiais no segundo.
Entre as actividades previstas para os vindeiros días nos centros educativos, haberá un contacontos o 17 de marzo para o alumnado de infantil do Colexio Público Grgegorio Sanz e do Colexio Sagrado Corazón de Xesús, onde traballarán a igualdade co conto Roi quere ser mamá. O alumnado do CIFP Porta da Auga será o encargado de dinamizar estas sesións. Tamén o CIFP Porta da Auga colaborará activamente no obradoiro das profesións, que se desenvolverá a principios de abril co alumando da ESO.
A Concellaría de Igualdade ten previsto un calendario completo de actividades dirixidas a diferentes sectores da cidadanía. “Para esta Concellaría os 8 de marzo son todos os días, e de aí que os nosos actos ocupen todos os meses de aquí a xuño, e máis nestes tempos de involución nas políticas de igualdade tanto na percepción relaxada que ten a sociedade da igualdade como na escaseza de recursos públicos. Na última convocatoria da Secretaría Xeral de Igualdade aos CIM se eliminou a partida presupostaria para as actividades dirixidas á prevención da igualdade, a liña de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Co cal, o Concello ten que facer un esforzo dobre ao non ter ningunha axuda económica externa”, explican desde a Concellaría de Igualdade ribadense.
Neste mes de marzo comezará un taller de relaxación e prevención do estrés, que durará ata xuño. E tamén está prevista a organización dun curso de autodefensa para que as mulleres saiban anticiparse e responder a todo de ataques e agresións sexistas. E haberá algunha actividade lúdica como a proxección do documental Fíos.
Estas son actividades máis novedosas, pero a Concellaría de Igualdade ofertará igualmente outras que xa están consolidadas e que son demandadas, como os Foros Permanentes para as Mulleres cos Domingos a pé, charlas, talleres e as xornadas de violencia de xénero locais que se desenvolverán o 22 e o 23 de abril.


















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



