O salón de actos da Deputación Provincial acolle este xoves 3 de marzo a partir das 20.00 horas unha táboa redonda sobre “Manuel María: poeta do pobo” coa participación de Bautista Álvarez, Pilar García Negro, Francisco Rodríguez e Manuel López Foxo como moderador. Antes deste acto, entre as 19.00 e as 20.00 horas, realizaranse anotacións para a viaxe do 2 de abril por Outeiro de Rei e a Terra Cha guiada por Lois Diéguez.