O sábado 19 de marzo, arredor das 21.00 horas, a Coral Polifónica de Ribadeo ofrece o tradicional concerto de Semana Santa, ao remate do Pregón, na Igrexa de Santa María do Campo. Estará tamén presente o Coro Sagrado Corazón e profesorado da Escola de Música, interpretándose sonadas composicións como o “Aleluya” de Haendel.
