Burela, 5 de marzo de 2016.- O Burela Pescados Rubén rescata un punto no tramo final do duelo ante o Jaén Paraíso Interior que finalizou con empate a tres tantos. O encontro tivo alternativas no xogo e o marcador que empezou con iniciativa mariñá co tanto logrado por Iago Rodríguez no minuto cinco. Co 0-1 os xienenses deron un paso adiante mentres que o Burela cedeu terreo e intentaba aproveitar os espazos para a contra. O partido transcorría a máxima intensidade pero sen excesivas ocasións. Os burelaos co cupo de faltas completo repregaron filas e o Jaén gozou dun par de ocasións para empatar o partido. Solano probou a Edu desde o doblepenalti pero o meta mariñao respondeu con solvencia e freou inicialmente o empuxe amarelo. Ao bordo do descanso, Víctor Montes rendibilizou a súa ocasión para empatar (1-1). Con este resultado chegouse ao descanso e na continuación o Burela Pescados Rubén reaccionou para levar a iniciativa. Os de Daniel Ibañes tiñan maior posesión e dominaban a un Jaén que esperaba a súa ocasión á contra. A inspiración de Víctor Montes provocou o segundo tanto local (2-1) cun gran disparo que poñía en vantaxe aos andaluces. A pesar do tanto local os burelaos mantiveron o control do xogo ante un Jaén que se refuxiaba na súa defensa para saír á contra e así chegou o 3-1 obra de Emilio Buendía no minuto 34. O terceiro tanto andaluz cambiou o rumbo do partido e os laranxas optaron por xogo de cinco. A aposta tivo premio na primeira acción co 3-2 logrado de cabeza por Iago Míguez e no minuto final o brasileiro Petry empató un duelo con xusto reparto de puntos.
Ficha técnica
Jaén Paraíso Interior: Dani Cabezón, Boyis, Solano, José López, Campoy –cinco inicial- Chema Mella, Víctor Montes, Carlos Muñoz, Emilio Buendía.
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Chano, Chino, Isi, Bellvert –cinco inicial- Iago Míguez, Iago Rodríguez, Petry, Carlitos.
Goles: 0-1, Iago Rodríguez; 1-1, m.18, Víctor Montes; 2-1, m.27, Víctor Montes; 3-1, m.34, Emilio Buendía, 3-2, m.35, Iago Míguez; 3-3, m.39, Petry.
Árbitros: Bernabeu Haro, López Jiménez. Cartón amarelo: Dani Cabezón, Solano do Jaén Paraíso Interior e Iago Míguez, Isi, Carlitos do Burela Pescados Rubén.
Incidencias: Partido correspondente á 23ª xornada da Primeira División da LNFS. Pavillón de La Salobreja en Jaén. 850 espectadores.






















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
