Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno:
Fai uns días, en distintos medios de comunicación, lembrábase a data do 6 de febreiro de 1995, data do falecemento da pintora Viveirense Maruja Mallo, sinalándose por parte do pintor lucense Vázquez Cereijo que os 26 anos do seu pasamento pasaran sin pena nin gloria en Viveiro, a súa terra natal, ó tempo que ofrecía ó Concello a cesión de catro obras da artista, sempre que puideran ser expostas e vistas polo público.
Este feito é totalmente certo, xa que aínda que os equipos de goberno socialista van cheos de facer grandes anuncios de proxectos en torno a figura desta inigualable artista, o certo é que non foron quen de concretar ningún deles, quedándose no habitual, é dicir, vender fume e non facer nada.
Basta con repasar as hemerotecas para comprobar como o anterior Alcalde, anunciaba que o Ministerio de Cultura ía a costear a rehabilitación do Pazo de Malates para convertilo nun centro de interpretación da obra de Maruja Mallo, anuncio que contou coa visita incluida do daquela Ministro de Cultura socialista César Antonio Molina. A realidade mostranos que 6 anos despois dito pazo atópase nun estado de ruina total e alí non se fixo nada de nada.
Si falamos da bienial dedicada a Maruja Mallo, que fora aprobada en pleno por unanimidade no ano 2004, comprobamos como nada se soupo da mesma dende aquela, non chegando a ser convocada nunca con posterioridade a súa aprobación. Outro claro exemplo máis de desidia e deixadez destes gobernos socialistas que prometen moito, pero logo non cumplen.
Sinalar que dende o PP de Viveiro nos alegramos que por fin, nove anos despois de aprobalo nun pleno do ano 2007, se vaian a colocar as placas que dan nome a súa rúa, rúa que se atopa na actual prolongación de Constanza de Castro, e que mesmo se planteara como opción para adicarlle ó poeta Carlos Oroza, o que deixa ben as claras o descoñecemento e a pouca importancia que estes señores lle conceden a estas temas. Por certo, o poeta Carlos Oroza sigue agardando, máis de dous anos despois de que se aprobase no pleno de xuño de 2013, a que se localice una rúa que poida levar o seu nome. Outro exemplo máis de xestión dilixente e efectiva tal e como acontece coa figura de Maruja Mallo.
Ante este cúmulo de incumprimentos e de anuncios baleiros é polo que lle preguntamos á Sra. Alcaldesa:
1) Teñen pensado entablar algún tipo de negociación co Sr. Vázquez Cereijo para facer efectivo o seu ofrecemento?
2) Contemplan a posibilidade de habilitar algún espacio dedicado á figura de Maruja Mallo e outros persoeiros ilustres de Viveiro, onde se poidan expor obras dos mesmos?
3) Teñen pensado darlle cumprimento ao acordo plenario, aprobado por unanimidade polo Pleno no ano 2004 e convocar a bienial dedicada á pintora?
4) En que situación se encontra actualmente o proxecto de convertir o Pazo de Malates nun centro de interpretación da obra de Maruja Mallo?
















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



