O PP de Viveiro denuncia “unha vez máis, a desidia e a desgana do goberno local no relativo á falta de conservación e mantemento de varios lugares turísticos do noso concello, os cales presentan un aspecto lamentable e de total abandono”.
“As queixas recibidas dos veciños e visitantes que acoden a estas zonas turísticas, motivaron que o noso grupo presentase varias iniciativas en distintos Plenos para tratar de emendar este deficiente estado de conservación, sen que ao parecer ningunha delas se teña en conta, tal e como puidemos comprobar nas nosas recentes visitas in situ a estes lugares, onde comprobamos de primeira man o lamentable estado en que se atopan”.
“Cando se visita a área etnográfica da Ínsua no barrio de Escourido da parroquia de Covas, pódese comprobar como as obras iniciadas fai 5 anos para dotala de canalización de auga e luz atópanse a día de hoxe sen realizar -o que non nos estraña xa que nun pleno recente a Alcaldesa manifestou que esta obra non era unha prioridade para o seu equipo de goberno-. A estrada que dá acceso a esta área atópase en malas condicións, todo un anuncio do que nos imos a atopar nas inmediacións da propia área onde o panorama é desolador, con abundante maleza e falta de limpeza en xeral, brillando pola súa ausencia unha serie de coidados mínimos que requiriría este lugar dado o seu innegable atractivo turístico. Se falamos do alumeado da zona, máis do mesmo, deixamento absoluto, nada comparable ao que sucedía cos gobernos do PP onde se instalaba un grupo electróxeno varias veces ao ano para o mantemento e iluminación eléctrica, á vez que servía para que todo o que quixese puidese contemplar polas noites a beleza sen igual desta zona”.
“O deixamento do Goberno Local en torno ao Área Etnográfica da Ínsua é máis que evidente e pódese comprobar facilmente por quen queira achegarse a este lugar e ver o empeoramento e a degradación que foi sufrindo paulatinamente desde o ano 2003 cos gobernos bipartitos e socialista que non lle prestaron ningunha atención, a súa maior preocupación foi a de quitar a placa na que se facía referencia á súa inauguración sendo Alcalde de Viveiro César Aja”, segundo recorda Celestino García.
“Máis do mesmo atopámonos se visitamos a área de descanso de Landrove, a zona de lecer de Portochao, o mirador do Pirixel, algunhas zonas do parque Pernas Peón, o alumeado do espigón de Covas, ou o escaso alumeado público do paseo marítimo Sacido-Seiramar en Covas -malia que o noso grupo solicitou a mellora de devandito alumado a través dunha moción que foi aprobada por unanimidade-. O aspecto pouco coidado que presentan todas estas zonas son claros exemplos do abandono e o deixamento do equipo de goberno socialista, quen con todo non ten ningún problema en gastarse máis de 18.000 euros nun flashmob de baixa calidade e escasa repercusión mediática”.
“O PP de Viveiro solicita ao goberno local o mantemento e limpeza destas zonas de lecer e lamenta unha vez mais a falta de previsión para realizar estas actuacións de adecentamento tan necesarias destes espazos nestas datas tan sinaladas, para que tanto os nosos veciños como os que nos visitan poidan gozar en plenitude destas paraxes dos que dispoñemos e non que se atopen no seu lugar situacións de abandono e deixamento, o que ata provoca que ultimamente circulen rumores de que se vai privatizar o servizo de xardinería do concello”.