O coñecido cantante, humorista e actor, Pablo Carbonell, achegarase este sábado 19 de marzo ao Auditorio Municipal de Ribadeo para ofrecer, a partir das 20.30 horas, “O mundo da tarántula”, un espectáculo baseado no seu último libro autobiográfico, en que monólogo e musical serán parte esencial na exposición de feitos, presentados desde o humor, de boa parte da súa vida. O Concello de Ribadeo colabora nesta actuación. A venda de entradas en www.codetickets.com e en Alandrina Tours por 15 euros.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



