O programa Parolando da Radio Burela, facéndose eco da celebración do Día da Muller do pasado 8 de marzo, organizou un coloquio na súa emisión do xoves 10, na que seis mulleres de diversos ámbitos sociais deliberaron sobre a situación da muller no mundo de hoxe. Asistiron Mayra (Alcaldesa de Trabada), Cristina (Psicóloga do Centro da Información da Muller de Burela), Carmucha (da Asociación de Amas de Casa “Virxe do Carme” de Foz), Ana (Voceira do BNG na Mariña e Concelleira en Barreiros), Julia (Profesora Universitaria en Madrid) e Rita Morrigan (Socióloga e escritora de Xove). Falouse do papel secundario da muller no mundo da política, dos cambios na organización dos traballos no fogar entre os homes e as mulleres, do “teito de cristal” no mundo laboral e da necesidade da conciliación familiar para favorecer o traballo fóra da casa, entre outras cousas.




















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



