Lugo, 6 de marzo de 2016.- “En dous días dúas derrotas. Feijóo perdeu onte en Ourense, pois nada puido facer para que Baltar non foxe reelixido Presidente do PP en Ourense. -Nin tan sequera houbo máis candidatos que o fillo de José Luís Baltar-. E hoxe volveu a perder, posto que a súa Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, non saíu nomeada Presidenta do PP lugués”. Así valora o PSdeG-PSOE na Provincia de Lugo o resultado do congreso do Partido Popular.
Os socialistas felicitan a Candia pola “súa vitoria, que non é, en ningún caso, a do PP, pois a nova Presidenta do Partido Popular en Lugo xa demostrou, no seu breve paso pola presidencia da Deputación de Lugo, cales son as súas políticas para a provincia luguesa: as caciquís e as destrutivas”.
O PSOE apunta algunhas destas “políticas caciquís e destrutivas” de Candia, e destaca que:
1.-“Non hai nada máis caciquil que recibir unha dedicación exclusiva e cobrar a maiores 63.000 euros anuais de comisións por facer seguros, ademais da PAC, tal e como a propia Candia declarou na Deputación. Mentres foi Presidenta desta institución seguiu sendo interventora e mediadora de seguros”.
2.-“Candia repartiu nos seus últimos días no Goberno Provincial 5 millóns de euros de cartos públicos de todos os lucenses exclusivamente entre Concellos do PP”.
3.-“Candia suprimiu fondos para o emprego en toda a provincia co único fin de incrementar en 500.000 euros outras axudas tamén en beneficio do PP”.
4.-“Candia perdeu 1 millón de euros que a Unión Europeo concedeu aos lucenses para emprego por non poñer en marcha nin un só curso do Pacto polo Emprego”.
Din que “só se dedicou a caciquear, destruír e xudicializar toda a vida administrativa e política”. Por exemplo, coa nova sede da Uned, que foi capaz de ata remitir documentación sesgada á xustiza, tal e como o apuntou a Fiscalía.
Ademais dende o PSdeG-PSOE de Lugo sinalan que o seu traballo como Alcaldesa de Mondoñedo pasa pola deixadez e a súa ausencia e compromiso coa cidade. “A dia de hoxe, en oito meses de goberno, leva gastados máis de 16.000 euros en anuncios de prensa e publicidade, un auténtico despilfarro”, nun concello de menos de 4.000 habitantes.
Dende o PSdeG-PSOE de Lugo esperamos que, con este novo cargo político, “Candia mude as súas políticas, comportamentos e tolerancia, e comece a ter o respecto institucional, que ata de agora non tivo”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



