Burela, 7 de marzo de 2016. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, viaxará a Guadalajara esta semana para amosarlle o apoio do Concello e dos veciños e das veciñas da localidade ao Burela FS Pescados Rubén, que disputará nesa cidade a XXVII Copa de España de Fútbol Sala.
O Burela Pescados Rubén enfróntase o xoves, 10 de marzo, ás sete da tarde ao Santa Coloma.
Fernández Rey dixo que “queremos apoiar ao noso equipo viaxando ata Guadalajara. É unha cita moi importante para o club e tamén para Burela e queremos que os xogadores estean arroupados polas persoas e pola institución máis próxima, que é o Concello, nesta cita”.
O edil socialista deséxalle “moita sorte ao Burela FS Pescados Rubén na Copa de España e oxalá poidamos traer un novo título para o noso pobo”. Ramiro Fernández agarda que “fagan un bo papel e deixen, como fan sempre, que o pobo de Burela se sinta orgulloso do seu equipo”.