Burela, 1 de abril 2016.- O Concello conmemorará por primeira vez o Día Internacional do Deporte para o Desenrolo e a Paz que se celebra o día 6 de abril. O programa de actividades que se desenvolverán do 6 ao 10 deste mes foi presentado este venres en rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben, e o alcalde, Alfredo Llano, así como representantes das firmas colaboradoras.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, explicou que “desde o Concello de Burela decidimos celebrar cun programa amplo de actividades o Día Internacional do Deporte para o Desenrolo e a Paz, que se conmemora o 6 de abril. Quixemos darlle relevancia a este día posto que o noso é un concello novo no que a actividade deportiva é unha cousa moi importante e quixemos darlle relevancia a ese día facendo unha serie de actos tanto ese día como en xornadas posteriores”.
As actividades comezarán o 6 de abril cunha charla sobre Alimentación na infancia que ofrecerá a nutricionista Alba Vila no CEIP Virxe do Carme e o CEIP Vista Alegre ás 9:00 horas e ás 14:00 horas, respectivamente. Tamén o mércores, día 6, haberá unha charla-coloquio co osteópata-fisioterapeuta David Mariña a cerca da Nutrición no Deporte, será no salón de conferencias ás 20:00 horas.
O xoves, 7 de abril, está proxectado un circuíto deportivo Escola Infantil de dez da mañá á unha do mediodía co que colabora o CD Burela FS Pescados Rubén.
As actividades continuarán o venres, día 8, cunha charla titulada Seguridade Vial impartida pola Policía Local de Burela no IES Monte Castelo de 9:20 ás 10:10 horas, e no IES Perdouro de 13:10 horas a 14:00 horas. Ademais ese día haberá zumba na praza da Mariña de 17:30 horas a 19:30 horas e un debate baixo o título Presente e Futuro do Deporte en Burela ás 20:00 horas no salón de plenos do Concello. Participarán o CD Burela FS Pescados Rubén, SD Burela, AFD Porto de Burela e Club Baloncesto Burela e estará moderado por Xavier Lombardero, director de El Progreso A Mariña.
O sábado, día 9, haberá spinning na praza do Concello en tres sesións de vinte minutos cada unha delas ás 11:30 horas, 12:00 horas e 12:30 horas. Ese día ademais celebrarase o partido de fútbol sala feminino de Primeira División entre o CD Burela FS Pescados Rubén e Universidad de Alicante. Será no pavillón Vista Alegre ás 18:30 horas e á cita acudirán un grupo de escolares de Burela para animar ás xogadoras do equipo local.
As actividades rematarán o domingo, día 10, coa carreira solidaria Gotas para Níxer. Sairá ás doce do mediodía da praza do Concello e a inscrición poderá facerse a partires das once da mañá. Cada participantes doará 1 euro. O Concello organiza esta actividade en colaboración con UNICEF e o percorrido será con saída e chegada á praza do Concello por Rosalía de Castro, Rúa da Lamestra e Emilia Pardo Bazán. Ese mesmo domingo haberá multideporte nas prazas do Concello e da Mariña entre as 16:00 horas e as 20:00 horas.
Os edís de Deportes e de Medio Ambiente animan a toda a poboación de Burela a participar neste programa de actividades do Día Internacional do Deporte para o Desenrolo e a Paz.




















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



