Foz, 19 de abril de 2016.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Concello de Foz dispón dun espazo público coñecido como Aula da Natureza no que temos distintas especies de aves, por desgraza cada vez temos menos,pero é un referente para veciños e visitantes así como para os nenos que por alí se acercan, entendemos dende FPF que se lle podería sacar moito mais partido do que na actualidade se lle está sacando pero este goberno do PP nunca creu no seu potencial.Dende FPF queremos dar as grazas publicamente á familia que se encarga do coidado dos animais, pero por desgraza iso non é suficiente para que estes estean nas mellores condicións posibles, e o Concello de Foz é responsable de que isto sexa así, e podemos comprobar como as instalacións teñen importantes deficiencias como poden ser por exemplo o mantemento dos elementos de madeira,ou o que é mais grave aínda para os animais, a falta de auga nun estanque que alí se atopa.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó Alcalde de Foz e ó seu equipo de goberno a liquidar as deficiencias existentes na Aula da Natureza polo ben dos animais e pola imaxe da nosa Vila.