Bruxelas, 19 de abril de 2016. Dende este luns e durante todo este martes están a ter lugar as sesións de traballo da Comisión de Pesca. Na mañá deste martes a orde do día incluía un intercambio de opinións co Comisario de Pesca, Karmenu Vella, ao respeito dos criterios de sostenibilidade da actividade pesqueira europea.
A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, sinalou en relación ao obxectivo xeral de desenvolver un modelo pesqueiro sostíbel e traballar pola recuperación e mantemento da calidade das augas, que para poder acadar estes obxectivos “vostede, Comisario, debe velar para que as actividades relacionadas ca proposta da denominada Economía ou Crecemento Azul, que máis ben parece tratarse dun “Capitalismo Azul”, non destrúan o marisqueo, a pesca artesanal, a pesca de baixura e a acuicultura a pequena escala, que son as actividades que realmente xeran emprego e manteñen vivas as zonas costeiras”.
Senra fixo fincapé ademais na preocupante proposta da minaría submarina -contemplada dentro da estratexia do Crecemento Azul que está a impulsar a Comisión Europea-, que “debe quedar totalmente prohibida, ao igual que calquera infraestrutura que conleve a contaminación das augas, cambios nas correntes mariñas ou calquera outra repercusión que poda implicar a destrución dos recursos pesqueiros, da biodiversidade ou mesmo acelerar o cambio climático”.
A continuación, recollendo a petición enunciada por Vella incidindo na importancia de que as eurodeputadas/os “axuden a manter a voz dos pescadores na Eurocámara”, a eurodeputada galega asumiu esta responsabilidade transmitíndolle que dende o País pesqueiro máis importante da UE, Galiza, “as persoas que traballan no sector están a pedir que se empregue todos os recursos ao alcance para a limpeza e rexeneración das rías e poñer dunha vez fin á contaminación”. Ademais, proseguiu, “urxe que se realice inmediatamente unha revisión fonda dos criterios de asignación e reparto de cotas garantindo que se aplican os criterios socioeconómicos, para deste xeito poñer fin á discriminación que o sector sufre na Galiza”.
Por último, a eurodeputada galega pediu ao Comisario Karmenu Vella que “garanta que non se vai hipotecar nin a pesca artesanal, nin a de baixura, nin o marisqueo nin a acuicultura a pequena escala por mor da acuicultura industrial”.


















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



