Foz, 15 de abril de 2016.- O luns 18 de Abril ás 20.30 no CENIMA de Foz, a asociación cultural A Pomba do Arco arranca a segunda edición da súas Xornadas “Sentirmos a Arte”, no marco do Mes das Artes Plásticas da Mariña, que comezará coa intervención de Alberte Pena Rei.
Alberte Pena Rei, Nace en Foz no ano 1970, Estuda Belas Artes na Universidade de Sevilla, na especialidade de Pintura e actualmente traballa como profesor de Bacharelato de Artes na comarca do Morrazo. Formado na Terapia Gestalt, especializado en Arteterapia nos últimos anos é facilitador de obradoiros de creatividade. O traballo artístico que desenvolve é un híbrido entre a pintura, a fotografía e a instalación. Segundo o artista “emprega a creación como o contedor fundamental dos meus procesos de transformación, considerando a súa obra como resultado da relación coa escuridade, coas transicións difíciles e tamén co vibrar do fluxo da vida.
Alberte Pena dará a coñecer a súa obra, abrindo paso a un debate sobre a mesma no que os asistentes poderán formular ao poñente as preguntas que considere oportunas e debaterase entre os presentes sobre a técnica, a disciplina e as funcionalidades do seu traballo. A este respecto hai que lembrar que a súa obra está neste momento exposto na Sala de Exposicións do Cenima, xunto a doutros artistas plásticos da Mariña, sendo esta un das moitas mostras nas que ten participado o focego. Nos últimos anos expuxo a súa obra na Casa da Cultura de Cangas do Morrazo, no Pazo de Tor en Monforte, no Museo Provincial de Lugo ou nunha sala da “Afundación” de Vigo.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



