Mondoñedo, 16 de abril de 2016.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo programa para o vindeiro mércores día 20 de abril unha xornada informativa sobre a Nova Lei do Solo a cargo da directora xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas. A cita será ás 20:00 horas na Casa da Xuventude da localidade.
A rexedora, a popular Elena Candia, promove esta xornada ao entender a importancia que ten para o Concello apostar por un urbanismo responsable. “Somos un goberno preocupado polo urbanismo e o noso desenvolvemento futuro, polo que consideramos que esta xornada será de grande interese para os nosos veciños e veciñas”.
Traballo continuo
Neste sentido, a alcaldesa avanza que o seu Goberno está a analizar unha mellora do PEPRI, o Plan Especial de Protección e Reforma Interior, para o que xa iniciou as xestións de consulta oportunas. Así mesmo, o Concello de Mondoñedo vén de iniciar unha revisión e mellora na Ordenanza do polígono industrial para facilitar e promover o asentamento de novas empresas na localidade.
Todas elas medidas encamiñadas, tal e como destaca Elena Candia, a apostar por un urbanismos responsable e sustentable, así como pola xeración de riqueza e postos de traballo en Mondoñedo. A mesma aposta que guiou os traballos previos á aprobación no mes de febreiro do Plan Xeral de Ordenación Municipal, un documento “importantísimo que xa nos está a permitir avanzar no noso desenvolvemento económico e urbanístico”, incide.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



