O Grupo de Teatro do Colectivo Cultural Ollomao representa o sábado 23 de Abril ás 20.00 na Sala Bahia de Foz, nun acto organizado pola Asociación Cultural A Pomba do Arco, con entrada gratuita para todos os públicos, a representación da obra teatral “Rio Bravo”
RÍO BRAVO, é unha adaptación da exitosa montaxe do mesmo título que o grupo compostelano Chévere levara aos escenarios en 1992 e en 2002. Trátase dunha sorte de homenaxe, a modo de parodia, ao xénero do western, popularizado durante anos por películas e series de televisión. A liña argumental da película de Howard Hawks, protagonizada por John Wayne e Dean Martin, fai de base para unha revisión xeral de todo o xénero do “oeste”. A música, o ambiente e a historia, transportannos directamente desde as nosas butacas ata os “saloons” e os desertos do oeste americano, facendo desta unha experiencia moi divertida para os/as pequenos/as e enormemente evocadora para os/as maiores.
No verán do 2014 o Colectivo Cultural Ollomao organiza un obradoiro de teatro dirixido a nenas/os de entre 6 e 12 anos. O éxito da experiencia fai que o grupo se estabilice e que emprenda un proxecto que remata por extenderse durante dous anos e medio. Nese tempo, os rapaces e rapazas de Ollomao subiron ás táboas para poñer en escea catro obras diferentes: “Unha casa nada deshabitada”, “Brancaniño e as 6 ananeves”, “Fly airways” e, finalmente, “Río Bravo”.
Para o grupo infantil de Ollomao, “Rio Bravo”representa o culme ao proxecto que iniciara no 2014 ao ser, sen dúbida, a montaxe máis complicada e ambiciosa que este grupo de rapaces e rapazas ten acometido. Así, rematada esta etapa, o grupo continúa máis vivo que nunca, experimentando novas formas de interpretación, agora fronte a unha cámara, facendo parte do proxecto “A Lanterna Máxica” que está a organizando o Colectivo Cultural Ollomao.




















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



