Santiago, 6 de abril de 2016.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que reclama impulsar as xestións e reformas normativas que estimen precisas para garantir que o persoal do servizo de Gardacostas de Galicia poidan beneficiarse da aplicación dos correspondentes coeficientes redutores de cara a súa xubilación.
Para acadar este obxectivo, o Grupo Popular propón que se incorpore o cadro de persoal deste servizo autonómico no Réxime Especial dos Traballadores do Mar ou, en todo caso, que se permita o acceso aos beneficios propios deste sistema, como é a percepción da pensión con anterioridade ao cumprimento da idade mínima esixida para a xubilación ao ter en conta cun cómputo distinto o tempo traballado no mar.
O voceiro popular de Pesca, Jose Manuel Balseiro, explicou que “esta foi unha das demandas trasladadas polos traballadores deste servizo nos encontros que se desenvolveron en pasadas datas”, ao tempo que lembrou que onte mesmo se aprobaba no Parlamento de Galicia, a iniciativa do PPdeG, un acordo para outorgar o máximo recoñecemento institucional a este colectivo tras 25 anos de servizo público. “Hoxe desde o PPdeG queremos propoñer medidas prácticas e concretas en beneficio destes profesionais”, indicou.
DEMANDA XUSTA
Balseiro considera que dar acceso a estes beneficios de cara á xubilación “é unha demanda xusta duns profesionais que desenvolven a súa actividade no mar, en condicións similares a outros traballadores do eido marítimo-pesqueiro e que, ata o ano 1990 estaban cotizando neste réxime especial do mar”.
O deputado popular lembran que Gardacostas de Galicia dispón dun cadro de persoal próximo aos 239 profesionais que desenvolven a súa actividade tanto nos servizos centrais como nas distintas localidades costeiras onde teñen a súa sede estes servizos e dispostos os seus medios materiais, isto é, as unidades operativas de Celeiro, Ferrol, Coruña, Muxía-Portosín, Ribeira, Vilaxoán, Pontevedra e Vigo.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



