Burela, 1 de abril de 2016.- Vista Alegre xa está preparado para recibir este sábado ao mellor entres os mellores de Primeira LNFS. O recente campión da Copa de España e actual líder ligueiro, Movistar Inter, visitará pista da bomboneira a partir das 18.15, coa emisión en directo da TVG2. “Vista Alegre ten que estar ata a bandeira; será un partido moi bonito para a afección. Ese ambiente, o apoio e os ánimos do público axudarannos moito para querer superarnos aínda máis” explicaba o cocapitán do CD Burela FS Pescados Rubén Edu, un dos grandes referentes dos seareiros mariñáns.
“Estamos nunha boa liña, xogando ben e defendendo ben. Se nos mantemos así podemos dar incluso a sorpresa. A pesar das baixas, podemos facelo ante a nosa afección, porque sairemos cunha motivación extra” adiantaba con optimismo o naronés, moi consciente da complexidade do reto. “Sabemos que é o mellor equipo do mundo; o noso obxectivo é estar no partido ata o final, se chegamos aos últimos minutos con vida podemos conseguilo. En Guadalajara xa demostramos que podemos plantarlles cara” facía así referencia o meta ao último enfrontamento, na Copa de España a mediados de marzo, con vitoria nas semifinais para os verdes por 3-6.
Este sábado, o técnico burelista non poderá estar á fronte do banco en Vista Alegre; Daniel Ibañes foi sancionado con 2 partidos de suspensión tras a expulsión da semana pasada en Santiago. Xunto á ausencia de Mata, o vestiario laranxa tampouco poderá contar con Isi, por molestias no xeonllo dereito, nin con Chano, con 1 partido de sanción pola vermella en Compostela.
Acceso a Vista Alegre
Vista Alegre abrirá mañá portas e taquilla ás 17.00 horas. O club burelista puxo á venda un total de 1.200 localidades para presenciar o espectáculo. As entradas de socios poderán adquirirse ata as 18.00 horas; a partir desa hora poderán liberarse no caso de que se necesiten.
Os socios accederán ás instalacións pola Porta 1 e os non socios pola Porta 4.
100% Galega
Coincidindo coa cita de luxo, a Bomboneira unirase á campaña de promoción de leite 100% Galega co apoio ao sector leiteiro que está a levar a cabo a Xunta de Galicia e que permitirá ao público asistente ao encontro degustar este leite de calidade a través da repartición gratuíta de minibricks.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 9. Iago Rodríguez, 12. Petry, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge, 20. Chino, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder




















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
