Foz, 18 de abril de 2016.- Dende o Grupo Municipal Socialista queremos felicitar o Sr. Castiñeira por distinguir entre opinión e informe técnico, algo que ata o de agora parecía confundir.
OPINIÓN do Sr. Javier Castiñeira en nome do goberno municipal do Partido Popular: “a solución reside na rescisión do contrato… algo que nosoutros propuxemos.”
INFORME SECRETARÍA: “la propuesta de Alcaldía no es adecuada a la legislación vigente”.
OPINIÓN do Sr. Javier Castiñeira en nome do goberno municipal do Partido Popular: “ese millón de euros que lle causou grave prexuízo ó concello”” …”a débeda que temos con GESTAGUA é dun millón de euros….”
INFORME INTERVENCIÓN: ”as magnitudes económicas e conceptos que se inclúen na proposta non poden ser acreditadas posto que corresponden a datos que posúe o concesionario e non o concello, circunstancia que deberá ter en conta o pleno da corporación cando adopte o acordo que proceda”
INFORME SECRETARÍA: “…falta de información rigurosa que permita suscribir las obligaciones económicas que adquirirá el Ayuntamiento de Foz.
Sr. Alcalde, que mala memoria ten vostede para o que quere, no ano 2008 o Partido Popular, grupo que vostede representa, foi o primeiro en votar en contra da actualización das taxas. Segundo a súa opinión deste domingo prorrogar o contrato con GESTAGUA foi moi negativo para os veciños usuarios do noso concello…. pero segundo a súa réplica no Pleno do día 7 de Abril á portavoz do BNG, GESTAGUA está a facer un bo traballo. En que quedamos logo, ben?, mal?,… depende quen me pregunte?… antes mal, porque gobernaba o PSOE e agora ben porque goberna o PP?
O PSdG- PSOE de Foz, da a cara poñemos sobre a mesa solucións legais e posibles.
Solicitamos o informe sobre a débeda actual da empresa concesionaria, Gestagua, co Concello en canto a non transferencia dos recursos públicos recadados derivados das taxas de lixo e saneamento.
Solicitamos información do contencioso: demanda da empresa Gestagua, contestación dos servizos xurídicos que representan ó Concello, estado actual do contencioso.

















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



