Cinco equipos lucenses dos institutos de ensino superior de Foz (equipo “Alday”), María Sarmiento (equipo “Nanotec”), Perdouro (equipo “Oropefer”) e Río Cabe (equipos “Counteryou” e “Loan”) e dous equipos dos institutos coruñeses de Sabón (equipo “Calls”) e Sofía Casanova (equipo “Irmans”) compiten este venres 15 de abril na final nacional da XIV edición do programa educativo sobre xestión empresarial RetoAlcoa, promovido e patrocinado por Fundación Alcoa e organizado por Fundación Junior Achievement.
Despois de cinco meses de desenvolvemento do programa nas aulas e de competición por internet, os oito equipos que obtiveron maior puntuación -sete deles galegos- concorrerán na final que se celebra en Madrid, do mesmo xeito que nas catorce edicións consecutivas anteriores. En total, participaron 200 equipos de estudantes de 27 centros educativos de distintas comunidades de España, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nas materias de matemáticas, administración de empresas e economía.
RetoAlcoa, que ten como obxectivo estimular o espírito emprendedor dos máis novos, os profesores dos alumnos desempeñan un papel crave e imprescindible para que o programa cumpra os seus obxectivos educativos de maneira óptima.
O programa dos estudantes finalistas inclúe tamén o seminario “Habilidades para o Éxito”, no que recibirán formación sobre habilidades e competencias que poderán aplicar no seu futuro académico e profesional.
A Fundación Junior Achievement España, creada no ano 2001, traballa para potenciar o talento dos mozos e dotarlles das ferramentas necesarias para lograr os seus obxectivos nunha economía global, xerando un espírito emprendedor que lles permita alcanzar as súas metas nun marco de responsabilidade e liberdade. Junior Achievement desenvolve a súa misión en todo o mundo co obxectivo de lograr cambios a nivel global. Beneficia a máis de 10 millóns e medio de mozos con programas educativos en 30 idiomas.
Fundación Alcoa, que se sustenta dos seus propios activos financeiros e non dos resultados da compañía, contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas que forman parte das comunidades nas que Alcoa está presente, financiando proxectos de organizacións que melloran as oportunidades en educación e formación, saúde e seguridade, e de sustentabilidade e respecto ao medio ambiente.