Burela, 12 de maio de 2016.- CxG Burela quere públicamente agradecer á administración a retirada dos restos do temporal no paseo peonil da Marosa, de algo valeu a denuncia pública de CxG. Se ben entendemos que se cada quen fixera o del non teríamos que congratularnos. É “admirable” a capacidade de xestión do goberno de Burela xa que soamente tardaron máis de 95 días en actuar.
Por outra banda tamén aplaudimos a recente proposta do Concello de mellorar a zona de xogos do parque Rosalía de Castro, pero neste senso CxG, facendo o que debería de facer o goberno, queremos sinalar que son necesarias tamén outras actuacións urxentes, xa que informamos aos veciños de que moitas das zonas de xogo do noso concello non cumpren a normativa. Esta normativa é do ano 2003 e os concellos tiñan 5 anos para adecuar as instalación, é dicir ata 2008, e en Burela lévase 8 anos sen adaptar as zonas de xogo. Grave irresponsabilidade dos nosos administradores.
CxG rexistrará en próximas datas no Concello un informe no que se recollen ditas deficiencias. Esperamos que daquela non tarden máis de 90 días en arranxarse.