Lugo, 24 de xullo, 2025. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo lamenta o falecemento do artista mindoniense Mauro Leivas, recoñecido por unha ampla e multifacética produción creativa e un fondo compromiso social.
Leivas, que é parte da xeración de artistas e intelectuais mindonienses que xurdiu arredor da docencia de Juan Puchades e que completou a súa formación e experimentación artística na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid ou na Escola de Artes Aplicadas de Lugo así como en estadías en Francia, Suiza ou Grecia, participou desde os anos oitenta en diversas exposicións colectivas no Museo Provincial de Lugo.
Artista comprometido e solidario, colaborou tamén en numerosas iniciativas arredor de temáticas sociais como o proxecto 21 S(empre) do Museo do Mar de San Cibrao, en Cervo, no que unha vintena de artistas crearon pezas a partir da súa visión sobre as consecuencias do alzhéimer e das demencias nas persoas enfermas e no seu entorno, o pasado mes de novembro
Ao fío desa vinculación artística e tamén emocional, no marco do programa Reencontros, a Rede Museística Provincial de Lugo traballou nos últimos meses na produción dunha mostra para visibilizar a súa traxetoria no marco da arte contemporánea na provincia de Lugo e da historía creadora da Rede Museística.
O propio artista, coa colaboracion de Daniel Caxigueiro e Xosé Artiaga, seleccionou as pezas para a mostra, comisariada por Silvia Fiallega, cuxa inauguración está prevista o vindeiro 13 de agosto no Museo Provincial de Lugo.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



