O Presidente da Deputación e a Alcaldesa de Burela participaron no evento gastronómico no que a institución provincial ofreceu demostracións en directo de recoñecidos chefs da provincia e serviu 300 petiscos para abrir boca cara a celebración da feira, que terá lugar os días 2 e 3 de agosto
Lugo, 24 de xullo de 2025. A Praza de San Marcos acolleu este venres unha showcooking organizada pola Deputación de Lugo para promocionar o bonito de Burela, unha antesala á 39ª edición da Feira do Bonito que se celebrará os vindeiros días 2 e 3 de agosto. O evento gastronómico reuniu a centos de persoas que puideron degustar, en varias elaboracións, este produto estrela da man de recoñecidos chefs da provincia.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto a Alcaldesa de Burela e Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participaron no evento gastronómico, no que tamén estiveron presentes a presidenta da asociación Ledicia, Rocío Rivera Seara, organizadores da feira, así como representantes da Fundación Expomar, dos Armadores e da Confraría de Pescadores de Burela. Na cita, José Tomé destacou o compromiso da Deputación coa promoción dos produtos locais, subliñando “que apoiar o Bonito de Burela é apostar polo futuro da Mariña, dos seus portos, das súas familias e dunha economía que depende do mar pero tamén do valor que nós, como sociedade, lle damos aos seus recursos”.
Pola súa banda, a rexedora burelá resaltou este tipo de eventos para potenciar a nosa gastronomía e o sector pesqueiro, que forman parte esencial da identidade e da economía local. “Como sabedes, o Bonito, para nós, non é só un produto: é tradición, é parte da historia de Burela, é o noso presente e tamén o noso futuro”. Agredeceu a Alcadesa o apoio da Deputación para promocionar este emblema que representa o sentir dunha vila mariñeira e convidou a achegarse a Burela e á Mariña ese día á Feira do Bonito, pero tamén ao longo de todo o verán “para saborear este manxar que nos identifica, que fala de nós e da nosa maneira de vivir o mar”.
Durante a xornada,tres chefs destacados da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo ofreceron unha demostración culinaria en directo, elaborando pratos innovadores que tiveron como protagonista o bonito de Burela. Os asistentes puideron degustar 300 petiscos que combinaron tradición, innovación e produto de proximidade.
Entre as creacións destacaron o Rock and Rollde bonito picante con pak choi e sésamo de Alejandro Méndez, do restaurante Cachivaches; o bonito curado con aguachile de pementos de Mougán, presentado por Pablo Vila, do Hotel OCA; e o bonito en escabeche con crema de aguacate, kikos e menta fresca, elaborado por Juan Rubiños, do restaurante Farabutto.
“Este evento é unha antesala da Feira do Bonito de Burela, unha cita gastronómica e cultural de referencia que cada ano reúne a milleiros de persoas e que tanto veciños como visitantes non se poden perder”, afirmou o Presidente, quen animou a todas as persoas a achegarse a vindeira fin de semana a Burela “para desfrutar desta celebración que pon en valor o mellor do noso mar”.
Así mesmo, José Tomé quixo recoñecer o talento dos profesionais da gastronomía lucense que, segundo apuntou, “está nun gran momento grazas a unha nova xeración que aposta polos produtos de proximidade, pola innovación e pola defensa da nosa cultura culinaria. É un sector que crea emprego, xera riqueza e proxecta a imaxe de Lugo con orgullo e calidade”.
Rematou dicindo que dende a Deputación “reafirmamos o noso apoio a iniciativas que poñen en valor os produtos locais e fortalecen os vínculos entre os sectores produtivos, a hostalaría e as institucións, promovendo un modelo de desenvolvemento sostible e respectuoso coa identidade local”, concluíu.
Programa
O programa da XXXIX Feira do Bonito arrancará o sábado, día 2 de agosto, ás 10:30 horas co III Encontro de Alfombrismo e Arte Efémero Galego e ás 13:00 horas terá lugar a recepción de autoridades e o izado de bandeira azul no barco museo Reina del Carmen. Acto seguido, procederase á lectura do pregón, a cargo do burelés Juan Carlos Enríquez Casas, e despois farase a degustación, que se prolongará ao longo da tarde a base de bonito cocido, bonito asado á grella e empanada. A xornada rematará ás 20:30 horas cos concertos de S.S.R Ledicia, Marcarme, Enol e sesión DJ Pepu.
O domingo, 3 de agosto, ao longo da mañá haberá actividades infantís e, ás 13:30horas, abriranse as portas da carpa para a degustación, que neste caso, estará protagonizada por petiscos de enfariñada de Trabada con bonito e ración de marmitako.
Paralelamente á celebración da XXXIX Feira do Bonito haberá actividades deportivas complementarias, como o VII Torneo de Fútbol de Veteranos Feira do Bonito, no Campo de Fútbol A Marosa; e o Torneo de Baloncesto 3×3 que acollerá a Praza da Mariña.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



