O xurado do certame de narración e debuxo infantil das Letras Galegas 2016 -composto por dona Rosario Basanta Gabeiras (Técnico de Cultura do Concello de Viveiro), dona Rosario San Isidro Franco (en representación da Asociación Cultural Penalba de Celeiro), dona Covadonga Dopico Cachón (Técnico da Biblioteca Municipal de Viveiro) e dona Lara Fernández Fernández-Noriega (Concelleira de Cultura do Concello de Viveiro)- seleccionaba o pasado 12 de maio na Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro.
A lista de gañadores que pasan á fase provincial, correspondente ás distintas categorías é a seguinte:
CATEGORÍA A (ata 8 anos)
Narración:
1. Lucía Gacio, 8 anos (Colexio Sta. Rita de Galdo).
Debuxo:
1. Pablo Pigueiras, 5 anos (Colexio San Roque).
2. Laura Balseiro Álvarez, 4 anos (Colexio San Roque).
3. Icía Mariño López, 5 anos (Colexio San Roque).
CATEGORÍA B (de 9 a 11 anos)
Narración:
1. Beatriz Díaz López, 11 anos (Colexio de Covas).
2. Raúl Palmeiro Blanco, 11 anos (Colexio Lois Tobío).
3. Raquel Casal Fuertes, 11 anos (Colexio de Covas).
Debuxo:
1. Marco Rubal Fanego, 10 anos (Colexio Sta. Rita de Galdo).
2. Amanda López Rego, 11 anos (Colexio de Covas).
3. Claudia Prieto Riguera, 10 anos (Colexio de Covas).
CATEGORÍA C (de 12 a 16 anos)
Debuxo:
1. Odelyn Batista Pérez, 13 anos (IES Vilar Ponte).
2. Sara González Vázquez, 13 anos (IES Vilar Ponte).
3. Paula Martínez Vila, 14 anos (IES Vilar Ponte).
A entrega de premios terá lugar o sábado, día 21 de maio ás 12:00h. na Biblioteca Municipal de Viveiro.
Dende a concellería de Cultura queremos agradecer aos centros educativos a súa participación e colaboración na entrega dos traballos realizados.