Burela, 2 de xuño de 2016.- A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Burela impartirá 4 novos cursos nas vindeiras semanas.
O vindeiro martes, 7 de xuño, comezará a impartirse un curso de repaso de Iniciación a Internet. Neste curso repasaranse os conceptos básicos da navegación a través da Internet. Esta actividade impartirase de martes a xoves de 16:00 a 17:30, contará cunha duración de 4,5 horas e finalizará o 9 de xuño.
Outro curso que comezará en breve será o de Edición e montaxe de vídeo e contará cunha duración de 12 horas. Neste curso amosarase a crear vídeos a través de imaxes e sons, para tal fin, os asistentes empregarán o programa libre de edición e vídeo Openshot. Esta actividade comezará o 9 de xuño, impartirase de luns a venres en horario de 10:30 a 12:00 horas e rematará o día 20 do mesmo mes.
O curso de Retoque de Fotografías iniciarase o 13 deste mes e finalizará o 28. Os asistentes aprenderán as nocións básicas do retoque fotográfico empregando o programa libre Gimp. O curso estenderase a longo de 15 horas, impartirase de luns a xoves e o seu horario será de 16:00 a 17:30 horas.
Por último, o 14 de xuño comezará o curso Follas de Cálculo. Con esta actividades amosarase a manexar o programa Calc incluído no paquete ofimático LibreOffice. Os asistentes aprenderán a levar as contas da casa, da comunidade ou negocio a través das follas de cálculo. Este curso impartirase de luns a xoves de 18:30 a 20:00 e contará cunha duración de 15 horas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades @s interesad@s poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/ ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.gal