Cervo, 3 de xuño de 2016.- Na sesión plenaria celebrada na tarde deste xoves, a corporación apoiou por unanimidade a declaración institucional promovida polo BNG en apoio ao cadro de persoal, polo mantemento do emprego e investimentos na factoría de Alúmina – Aluminio en San Cibrao. A formación nacionalista lamentou que non sucedera o mesmo coa proposta de urxencia para crear unha autoridade portuaria propia na Mariña e a apertura do dique norte do peirao de San Cibrao ao tráfico comercial por negarse o PP a debatela.
O PP agora nega o debate sobre a apertura do dique norte de Morás que defendía fai catro anos
Para o BNG ven sendo unha demanda histórica da comarca a posibilidade de uso comercial do dique norte de Morás, sen ningún uso mais alá de servir de abrigo ao peirao competencia da Autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao e cedido en concesión a Alcoa ate ao ano 2023.
Mantendo esta liña, ven presentando en diferentes institucións iniciativas a tal fin, a última nos concellos de Cervo e Xove, que no caso de Cervo chocou, no pleno do pasado mércores, coa negativa do goberno municipal do Partido Popular nin sequera a abrir o debate a pesar de que o propio Partido Popular ten demandado noutras ocasións esta infraestrutura.
Para o portavoz municipal, Luís Bernardo Insua, “estamos outra vez diante da negativa do PP a mirar cara adiante con visión de futuro, sometido ao mandado de non se sabe qué, e freando posibilidades de desenvolvemento futuro da comarca”.
Que o alcalde de Cervo, membro da directiva da actual autoridade portuaria non queira falar do saqueo que se está facendo á Mariña, chama moito a atención sobre as súas prioridades
Chama a atención, que mesmo se negase o debate sobre o punto para a creación dunha Autoridade Portuaria propia para a comarca, incluído na moción, cando é sabido que a práctica totalidade dos mais de tres millóns de euros que ingresa a Autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao pola actividade do peirao mariñao non quedan aquí.
Bernardo Insua, acusou ao alcalde cervense, Alfonso Villares e ao de Xove que por quendas forman parte do Consello de Dirección do ente portuario, de permitir o saqueo á Mariña e especialmente aos concellos que presiden onde está instalado este peirao.
É moi positivo que as corporacións municipais da Mariña pidan garantir o emprego e os investimentos de Alcoa na comarca
O portavoz municipal nacionalista si se parabenizou pola aprobación por unanimidade da declaración institucional presentada polo seu grupo reclamando o apoio da corporación ao cadro de persoal de Alcoa e empresas auxiliares, así como garantías para o mantemento do emprego e investimentos na factoría de Alúmina – Aluminio, á vista das informacións publicadas pola posíbel venda de parte das instalacións a terceiras empresas.



















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



