Lugo, 29 de xuño de 2016.- A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, agradeceu este mércores o “abrumador apoio” que os residentes da provincia de Lugo no exterior amosaron ó Partido Popular provincial nos pasados comicios do 26 de xuño.
A formación que lidera Candia recadou no exterior un total de 818 votos, nunhas eleccións nas que votaron 1.893 persoas das 63.940 que viven no estranxeiro.
Así, o PP de Lugo conseguiu o 43,21% dos voto, quedando a moita distancia da segunda forza política máis votada, o PSdeG que acadou o 20.86% con 395 votos.
O PP provincial distánciase do resto das forzas da oposición con 22,35 puntos máis que o PSdeG, 23,08 puntos que En Marea, 36,72 que Ciudadanos e 40,94 puntos máis que o BNG.
Para Candia, o bo resultado electoral que obtivo o PP de Lugo no exterior “é histórico” e responde ás políticas da Xunta de Galicia a favor da emigración.
A presidenta dos populares de Lugo dixo que estes datos significan que “os impulsos que está a facer o seu partido a favor de Galicia non se notan só na proximidade e que o PP goberna para todos e en calquera circunstancia”.
Ademais, Candia puxo en valor o importante papel que xogan as comunidades galegas no exterior “como dinamizadoras da nosa cultura, como exemplo de integración e de solidariedade e como xeradoras dunha experiencia e sabiduría que nos permite enriquecernos tamén ós que non nos tocou vivir esta situación”.