Celeiro, 2 de xuño de 2016.- O día 2 de xuño ás 20:00 horas reuniuse no Clube de Remo Celeiro, local social da ACD PENALBA, o xurado do IV Concurso de debuxo infantil organizado para a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, edición 2016.
Foron 120 os debuxos e carteis presentados dos cales o xurado decidiu por unanimidade conceder os seguintes premios:
PRIMEIRO PREMIO: TRABALLO CONXUNTO DA AULA DE 4º DE E. PRIMARIA DO CEIP PLURILINGUE DE GALDO.
SEGUNDO PREMIO: INÉS CACHÓN OULEGO. CEIP Pedrosa Latas de Celeiro.
TERCEIRO PREMIO: INÉS ALONSO OTERO. CEIP Pedrosa Latas de Celeiro.
Os premios consistirán en material educativo e serán entregados aos gañadores o venres dez de xuño horas na Praza do Náufrago de Celeiro.