Cervo, 18 de xullo, 2025. O Concello de Cervo vén de ser recoñecido co Diploma de Ouro no marco do programa autonómico Praias sen Fume, promovido pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, recolleu o galardón nun acto que tivo lugar este ano no municipio de Ponteareas, da man do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.
Este recoñecemento supón unha distinción ao compromiso do municipio coa saúde pública e o coidado ambiental, xa que as praias de O Torno, A Caosa, Cubelas e Rueta forman parte da rede galega de areais libres de fume.
A rexedora destacou durante o acto que un dos principais obxectivos desta iniciativa, posta en marcha no ano 2016, é “concienciar e educar, especialmente ás novas xeracións, sobre a importancia de entender que o normal é non fumar, e que debemos preservar as praias como espazos compartidos e saudables”.
“As cabichas e o fume deterioran a contorna natural e afectan negativamente á experiencia de quen nos visita, ademais de prexudicar a fauna mariña. Por iso, desde o Concello apostamos por espazos libres de fume como símbolo dun compromiso real coa saúde e a sostibilidade”, engadiu García Caramés.
Cómpre lembrar que esta iniciativa non implica sancións nin vixilancia, senón que se basea nunha adhesión voluntaria, buscando a implicación activa da cidadanía para facer das praias un exemplo de convivencia, respecto e conciencia ambiental.
Con este diploma, Cervo forma parte dun grupo de 31 concellos galegos e 115 praias que comparten o obxectivo de promover unha costa máis limpa, segura e respectuosa co medio.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



