31 de maio de 2016.- As 08:00 h. do derradeiro domingo do mes das frores, partía da estación de buses de Ribadeo, a guagua da LNB ca maioria dos clasificados da conferencia Norleste (outros foron recollidos en distintos puntos do camiño e o resto desprazáronse pola súa conta), para disputar o play off final co resto das conferencias en Santiago de Compostela.
Algo de choiva polo camín que foi desaparecendo a medida que nos achegamos o campo de fútbol do Atlético Fátima no Castiñeiriño. Ainda estaban a xogar un partido cando chegamos e o campo de área presentaba un estgado pouco esperanzador.
Marcaxe rápido de pistas e sorteo para as finais de donas e infantís.
En cativos so cinco rapaces (Adriana, Geno, Juanma, Martiño e Rubén) que deron unha lección de xogo e de adaptación a calquer tipo de superficie. Gañou Juanma seguido de Rubén e de Geno.
Simultaneamente final de donas con catro representantes do NorLeste fronte a quince das Rías Baixas e Sur. Xogouse en dous grupos pasando as seis mellores de cada un deles logo de cinco carreiras.
Titánica loita destas bravas palanadoras contra o encharcado e irregular chan en busca do campionato. Sorte desigual para as nosas, quedaron fora Carme e Lorena seguindo adiante as outras dúas para os cruces; pasaron doceavos e en sextos quedaron emparexadas deste xeito: Elena Vs. Bego, Paula Vs. Lu e Geni Vs. Tania. A sorpresa deuna Paula que ainda que comenzou indecisa, foise asentando e acadou a final a tres, chimpando da competición a bicampeona Lu. Elena fixo o propio ca todopoderosa Bego e Geni merendouse a Tania.
Final con dúas representantes da NorLeste que remataron impoñéndose a una fenomenal e combativa Elena que se topou fronte a dúas verdadeiras apisonadoras. O Podio quedou así: Campiona GENI, Subcampiona PAULA e terceira ELENA.
Logo pasouse a final de equipos con seis grupos formados por palanadores co mismo posto na clasificación, e decir: un grupo cos primeiros clasificados de cada equipo, outro con segundos e así sucesivamente. Cinco carreiras e clasificación dacordo ca suma dos puntos acadados polos palanadores de cada equipo. Loita moi aberta e igualada donde se impuxeron e renovaron o título de Campións os “BILLARDEIROS MUSICAIS” de Ribadeo, seguidos de “Corredorias Rías” de Bueu e de “Rinocerontes” de Pontevedra.
Lixeiro impas para repor forzas e de novo a competición ca disputa dos Varados. Neste apartado os do NorLeste quedamos peor parados. Logo de cinco tiros so conseguiron tiro directo Che de “Rinocerontes” e Xan Rodiño de “Lua de Forza”. No desempate foi Ché quen conseguiu un novo tiro directo e o primeiro posto, Xan segundo e o terceiro foi para o que sin chegar a perforar o Varal quedou mais perto del, que foi Collazo de “Campo da Feira”.
E por fin a tan agardada final absoluta que deparou grandes sorpresas. Palanadores experimentados e favoritos a todas luces non poideron pasar da fase de grupo (o actual campion Ricar, o bicampion Markytos ou Dani Rino entre outros), tal é a calidade e progresión de tantísima xente nova que se ven xunguindo oa xogo-deporte da billarda.
Gran actuación da conferencia do Norleste que colocou en cuartos a cinco palanadores. Por un lado do cuadro:
Pepe de Outeiro (NorLeste) Vs. Xan (Rias baixas) – Rubén (NorLeste) Vs. Collazo ( NorOeste).
Polo outro lado:
Pasto (Rias Baixas) Vs. Manolo Pozo (NorLeste) – Chousa Vs. Jorge Galdo (NorLeste os dous).
Moi competidas ambas, si ben temos que subliñar a fenomenal participación do infantil e debutante Rubén que tivo contra as cordas a un experimentado Collazo.
Con xogadas expectaculares, puxo en pé a uns xeareiros completamente entregados o bó xogo do rapáz e moi deportivamente él mesmo deo por mala unha billarda que a maioría daba por boa. Este é un xesto de todo un campión e un exemplo de xogo limpo. Parabéns mozo! Oxalá todos non comportáramos tan deportivamente. Finalmente nun desempate non puido coa experiencia de Collazo e retirouse entre unha sonora salva de aplausos.
Pepe de Outeiro eliminou a Xan e completou a primeira semifinal. A segunda quedou con Chousa que se desfixo de Jorge Galdo e Pasto que eliminou a Manu Pozo.
Semifinais a cara de can cos partidarios duns e doutros amimando e jaleando os seus. Cada palanador gañou unha carreira polo que cumpría un desempate que se decantóu da parte de Collazo e de Chousa.
No duelo para o terceiro posto entre Pasto e Pepe de Outeiro, os dous algo tocados por non poder chegar a final, deron nembargantes todo de si nesta rolda e foi Pasto o mais acertado acadando o terceiro posto.
Final de poder a poder protagonizada por Chousa e Collazo. Primeira carreira para o da NorLeste e segunda para o do NorOeste. No desempate correspondente, Chousa (moi concentrado toda a tarde) comenzou sacando un bo tiro o que respondeu Collazo de igual xeito. Segundo tiro e… DENTROOOO…!!! Era a quenda do larachés para empatar a carreira, preparouse… golpeo deficiente… e billarda que cae morta a rentes do varal. CHOUSA CAMPION!!!
O grande Victor Chousa botou os brazos ao ceo cun berro que ainda resoa nos ouvidos dos presentes. Estaba feito! Despois de tanta loita conseguírao, xa era o NOVO COROCEIRO NACIONAL 2016 poñendo o broche de ouro a boa actuación xeral da conferencia NorLeste que fixo unas grandísimas finais acadando a maioria dos títulos en xogo:
2º posto infantil: Rubén (Billardeiros Musicais)
1º posto donas Geni (Billardeiros Musicais)
2º id id Paula (Cruzados)
1º posto equipos: Billardeiros Musicais.
1º posto individual absoluto: Victor Chousa (Remourelle Bulls)
4º id. Id. Id. Pepe de Outeiro (O Cadaval)
Remata a tempada cunha grandísima colleita. Queda rematar os torneos de vrao e prepararse para a vindeira. Parabéns a todolos palanadores e que a serpe multicolor da LNB siga medrando. Billarda Sempre.