Lugo, 31 de maio de 2016.- Os 12 Deputados do Partido Popular e o Deputado non adscrito votaron en contra da proposta do Goberno Provincial de instar á Xunta de Galicia a asinar un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo co obxectivo de financiar prazas públicas nos centros de maiores públicos do organismo provincial nos Concellos.
Os 13 Deputados decidiron sumarse á negativa do Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a esta colaboración, que garantiría prazas públicas da administración autonómica nas residencias públicas do organismo provincial, coas que tamén colaboran os municipios beneficiados.
A pesares de que a Xunta sexa a única administración galega que se quede ao marxe desta rede pública residencias e centros de día na provincia, “abriremos os centros e ofreceremos un servizo bo e de calidade, péselle a Rey Varela ou a Elena Candia”, sinalou o voceiro socialista, Álvaro Santos Ramos. De feito, a Deputación ten comprometido orzamento de anualidades pasadas para a posta en marcha dos primeiros 6 centros da terceira idade públicos. Ademais, o Presidente estuda outras fórmulas para poder ofrecer prazas a custos que se adapten á realidade dos maiores da provincia luguesa.
Desmóntanse as mentiras de Candia
Para desmontar todas as mentiras que na sesión plenaria de hoxe fixo a voceira do PP, Elena Candia, pois asegurou que o Conselleiro se comprometeu a concertar prazas nas residencias da Deputación de Lugo ou que é o organismo provincial o que está a demorar a posta en funcionamento dos centros, entre outras; axúntanse as declaracións íntegras que realizou Rey Varela aos medios de comunicación o pasado 22 de abril tras a reunión co Presidente da Deputación de Lugo.
Nelas, por un lado, o Conselleiro recoñece a “gran labor que fixo a Deputación de Lugo coa construción de novas residencias que puidesen albergar máis prazas para os veciños”. Transmite ao Presidente “toda a vontade da Consellería pola axilización de trámites imprescindibles, sobre todo en Castroverde e A Fonsagrada, que poderían quedar listos nun mes”. E é que a Deputación leva máis de 6 meses esperando polos PIA da Xunta para abrir ditos centros. A administración autonómica está a esgotar todos os prazos legais para dar resposta algunha ao respecto. Culminado o prazo, pon novas trabas, alongando máis no tempo a concesión destes permisos e, polo tanto, a posta en funcionamento das residencias.
En ditas declaracións públicas (que se axuntan), o Conselleiro sempre se refire a un concurso público de prazas, pois négalle á Deputación o convenio para financiar as prazas. Os propios xornalistas poñen en dúbida que a Xunta non poida asinar un convenio coa Deputación de Lugo e, directamente, preguntan ao Conselleiro: “pero se son institucións públicas, por que non se chegan a acordos?… “entón a Deputación ten que ir a concurso?”. O Conselleiro non nega este feito, que obriga á Deputación a competir coas empresas privadas. Para xustificar a inexplicable negativa a un convenio entres administración públicas, que é unha fórmula totalmente legal e habitual, Rey Varela escúdase no concurso como única vía e ata chega a dicir que “non existe unha concertación a dedo pola Consellería”.
Tal e como se pode comprobar nas declaracións, o Conselleiro tamén tenta esquivar unha nova reunión que lle propón o Presidente “para avanzar”. Outro asunto importante, é o cambio de criterio na entidade prestadora de servizos sociais. Pois, hai 5 anos, a Deputación inscribiu a Suplusa e a Xunta díxolle que tiña que ser a Deputación. O Conselleiro pediu agora que inscribir a Suplusa, feito que supón trabas ao organismo provincial ata para participar no concurso de prazas públicas, pois isto require de novos trámites administrativos, que non se solventan dun día para outro.
Tentado “saír do atolladero”, pero sen éxito
Logo de que os 12 Deputados do PP e o Deputado non adscrito aprobasen a retirada do Orzamento de 2016, poñendo en risco 5 millóns de euros para obras en 17 Concellos gobernados polo Partido Popular e que o Presidente decidiu incorporar a súa proposta de presuposto; Candia tentou hoxe “saír do atolladero no que se meteu”, pero sen éxito. Fíxoo presentando unha moción na que instaba ao Goberno Provincial a reter dunha partida de 2,4 millóns de euros de remanentes o investimento de 2,1 millóns de euros, que corresponden coa primeira anualidade das obras.
Para conseguir que a súa moción saíse adiante, Candia aceptou a “improvisada emenda do Deputado non adscrito, escrita a man, sen rexistrar e sen tan sequera informar ou consensuar coa maioría dos afectados”. Esta implica outro millón de euros para obras noutros 8 municipios. Polo tanto, a moción supón reclamar ao Goberno Provincial que reteña máis de 3 millóns de euros dunha partida de 2,4.
Os propios servizos de Intervención alertaron á voceira do PP de que isto non se podía facer. Primeiro, porque non hai crédito nesa partida, e, segundo, porque non é competencia do Pleno senón da Xunta de Goberno levar a cabo unha retención de crédito, tal e como indica a Lei. De ningún xeito, a moción do PP tiña viabilidade.
Con todo, 13 Deputados volveron a desoír aos técnicos de maior responsabilidade administrativa na Deputación, ao igual que fixeron coa aprobación das alegacións ao orzamento, e aprobaron unha moción “inviable e sen sentido algún”. A situación segue a ser a mesma: é necesario aprobar o Presuposto de 2016 para salvar os convenios plurianuais que aprobou Candia na presidencia da Deputación, pero sen consignación presupostaría algunha, ata que Campos Conde os incluíu na súa proposta de Orzamento para este ano. De feito, son as Xuntas de Goberno as que están a salvar de xeito momentáneo estas actuacións, aprobando ampliacións nos prazos de execución e xustificación das obras. Fano porque a prioridade do Executivo é aprobar o Orzamento de 2016.
María Loureiro
No Pleno deste martes aprobouse a renuncia de María Loureiro como Deputada Provincial. O Presidente subliñou que “creo que é de xustiza que, hoxe, máis que nunca, poñamos en valor a persoa de María Loureiro, en todos os sentidos. Politicamente, porque demostrou que fai política con maiúsculas, antepoñendo, sempre, os intereses dos cidadáns, a calquera outro. E isto tamén o viron os seus veciños, que non dubidaron en depositar a súa confianza en María, para convertela na primeira Alcaldesa electa de Viveiro. María é, ademais, unha auténtica socialista; tanto de sentimento, como de comportamento. E como mellor exemplo disto: o día de hoxe.
Quero agradecerche, persoalmente, a túa dedicación ao equipo de goberno na Deputación. Todos os días nos demostraches o teu compromiso e as túas ganas por continuar co cambio cara o progreso na nosa provincia, polo que traballamos dende este Goberno Provincial, aínda todas as trabas que nos interpoñan. Grazas María polo teu traballo e esforzo. Grazas por contaxiarnos, sempre, das túas ganas e ilusión, con tan só un sorriso. Isto non é un adeus, senón un ata sempre compañeira”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



