Viveiro, 2 de xuño de 2016.- O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 3 e o sábado 4 de xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar o fin de semana realizando compras nos 54 comercios participantes na campaña e disfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, xoguetes, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, etc.
Os locais participantes son Óptica Rosario, Confecciones Justo Vázquez, DK@tivos, Muebles Iglesias, Mango, Platax, Regalos Sulian, Madrás, Mis Personajes, Benetton, Caché, Chasis, Van Surf Sneakers, África Copias, Jonathans, Óptica Casariego, Las Fidalgas, Tacones, Kody, Kody Kids, Roupa, Calzados Albo, Albo Zapaterías y Albo zapatillería, Piti Deportes, Kerale, Oscar Rodríguez Joyeros, Deportes Cota, Roq Sport, Van Surf Shop, Fontana, Dandara, Lencería Canela, Miss-tic, Tiendas Verdes, Estanco Casanova, Joyería Paleo, Equivalenza perfumes, Reedbeed-Only, Foto Oliver, Raquel Seijido, Estanco Couceiro, Depidel, Carnicería Mariño, Kandela Iluminación, Todoriginal, Nacar, Phonetecnics, Paquetería Mónica, Cesar Cocina y Baño, Irimia, Grafity, Kalea e Vogue.
Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, bandeirolas de cor fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o descuento do 20%, así como vinilos pegados nos escaparates indicando aqueles que participan con artigos seleccionados como poden ser os estancos, carnicerías ou perfumerías. Deste xeito para o cliente é moi fácil identificar aqueles locais nos que poderá disfrutar da campaña de descontos.
Trátase de ofrecer ao cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, comprando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
É moi importante recordar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas deses dous días.