Foz, 6 de xuño de 2016.- O vindeiro mércores día 8 de Xuño, o alumnado e profesorado de 1.º e 2.º de E.P. visitarán a vila de Ribadeo.
A primeira parada será na Granxa-escola de Pedro Murias, visitarán a aula de lácteos, os invernadoiros, as naves do gando vacuno, as instalacións para o ordeño e, como non, rematarán a visita na estación meteorolóxica da granxa dende a cal se remiten diariamente os datos a Meteogalicia.
Continuarase coa visita ao Cargadeiro, Forte de San Damián , disfrutarán dun merecido relax e xantar na área recreativa de Santa Cruz.
A actividade faise toda ela dentro do horario escolar e forma parte da Programación Xeral Anual do colexio.