A Vicepresidencia da Deputación convocou por primeira vez este ano estas bolsas de apoio ao traballo creativo, da man de Residencia Literaria 1863
Lugo, 21 de xullo de 2025. A deputada de Cultura Iria Castro recibiu esta tarde no Pazo de San Marcos a Lucía Ferro e Amador Castro, que a comezos de agosto comezarán as súas residencias literarias en Polonia e Islandia, da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e de Residencia Literaria 1863.
A poeta e novelista barreirense e o autor chantadino pasarán o vindeiro mes en cadanseu centro cultural – a Fundación czART(T) de Krzywogonic en Polonia e o Centro de Creatividade Gullkistan de Islandia – ,dedicadxs aos seus proxectos de escrita creativa.
Será unha experiencia novidosa para unha e outro que participan por primeira vez nunha residencia artística e que valoraron no encontro desta tarde a oportunidade de contar cun tempo e un espazo específico para a escritura e un ambiente que a favoreza. Adiantaron tamén a temática dos proxectos en que están traballando, unha obra narrativa baseada nun ser mitolóxico, “a serpe do Masma” que reflexiona sobre a contaminación da auga e a súa incidencia na saúde, no caso da autora de Barreiros, e unha novela arredor do valor e a función da arte, no caso de Amador Castro.
A área de Cultura financia estas estancias no marco das residencias literarias internacionais convocadas por primeira vez este ano co propósito de apoiar a creación literaria en galego e enriquecer o perfil internacional dxs autorxs.
A iniciativa, coordinada por Yolanda Castaño, estaba aberta autorxs e tradutorxs da provincia de Lugo con, cando menos, un libro publicado en galego.
Os proxectos presentados foron avaliados por un xurado formado por Montserrat González Álvarez, responsable de Normalización Lingüística da Área de Cultura de Vicepresidencia, Deputación de Lugo; Béatrice Pépin, en representación da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación e Lois Pérez, en representación da Asociación de Escritoras e Escritores Galegos.
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



