Viveiro, 16 de xuño de 2016.- No contexto das actividades formativas do curso Introdución ao Patrimonio Cultural Galego, o martes 14 de xuño os alumnos senior da Aula de Viveiro da UNED acompañados do profesor José Manuel Vázquez Lijó percorreron as cubertas e o interior da catedral compostelá, referente do románico a escala mundial. Logo visitaron no Centro Social Afundación a exposición Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura”. Pola tarde achegóronse ao Pazo de Oca (Estrada, A) exemplo destacado de residencia nobre no rural, para desfrutar dun paseo polos seus xardíns e coñecer o interior das estancias da casa.
