A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurará este martes ás 21:30 horas, na explanada do INLUDES, preto da capela de Santa María, as actividades da nova edición do Cultura Aberta, na que se proxectará a película “Pelerinaxes”. No acto, tamén participan ó director da longametraxe, Simone Saibene, e todo o equipo que fixo posible a produción da mesma.
García Porto sinala que “a través de longametraxes coma Pelerinaxes se poñe en valor a cultura e a identidade de todos os galegos. Dende a Deputación de Lugo somos conscientes da importancia da Cultura como motor que dinamiza e impulsa a economía.”
Saibene subliña que ó obxectivo desta película, é que ó público teña ocasión de “gozar de esta historia, que se coloca entre a ficción e o documental, e que reflexiona sobre a Galicia contemporánea.” Ademais, explica, “gustaríame que a película sirva para dar a coñecer esta ruta alternativa, menos turística e máis galega”.
Esta película, inspirada no libro “Pelerinaxes I”, fai o mesmo camiño que fixeron, en 1927, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo Andrés de Teixido (Cedeira). Un camiño que comeza na Praza do Ferro da cidade de As Burgas e que percorre diversos pobos das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña.
Próximas actividades do #CulturaAberta2016
6 xullo ás 18:30 horas. – The Chipolatas
The Chipolatas son os auténticos “gentelmen of the road”. En xira dende a década dos anos 90, presentan actuacións únicas incorporando habilidades de circo de alto voltaxe, música, teatro e danza, e mesturando acordeón, ukelele, frauta traveseira, harmónica e ritmos acústicos con hip-hop e outros estilos de rúa. Os seus espectáculos e inspiración mergúllanse nas culturas do mundo. Esta é a esencia da súa identidade única.
7 xullo ás 21:00 horas. – ITH e Fran Aimil e a tribo incomprensíbel.
ITH: é o grupo que recibe o nome do fillo de Breogán. Formado por Miguel, Toxo, Folgueira, Gonzalo e Lucía, manteñen o principio de facer rock galego e en galego, e parece que esta pretensión é máis ca un feito, xa que contan con máis de 15 anos de traxectoria musical. Agora inician 2016 co lanzamento do seu primero CD de estudio chamado “Forte” que presentaron por toda Galicia. Isto supón ademais un novo comezo para o grupo, xa que afrontan este novo proxecto como un “volver a nacer” e iniciar todo de cero. Este traballo está cheo de temas que navegan entre o Rock e o Pop máis enérxico, que cobran unha forza especial nos seus directos.
Fran Aimil e a tribo incomprensíbel: 2016 é o ano no que á palabra de Manuel María se lle adica o Día das letras galegas. Fran Aimil réndelle a súa particular homenaxe dirixindo á Tribo Incomprensíbel (Paco Cerdeira, Aarón Bouzón, Álex Bardanca e Ricardo Casás) nunha proposta composta por once cancións que son once pinceladas da obra do gran autor chairego. Un espectáculo que xunta palabra é música, mesturando a súa poesía atemporal coa potencia da música contemporánea, vestida de blues, rock e pop. Un espectáculo sen data de caducidade.
8 xullo ás 21:00 horas. – Talía Teatro: Foucellas
Ano 1952. Un maquis, un guerrillero, un resistente. Un dos últimos homes do monte. Dos que a xente podería chamar, xenéricamente, un “foucellas”. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Ou sí. Quen sabe! Firmeza, teimosía, dúbida, certeza, lealdade, inercia, utopía, inxenuidade, rebeldía, resignación, adaptabilidade, determinación…as armas dunha crúa batalla dialéctica nun tempo terminal. Ficción, mito e realidade nunha proposta para pensar un momento histórico… o pulso metafórico sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza, a administración da derrota.
8 xullo ás 21:00 horas. – Ibuprofeno Teatro: “Raclette”
A Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela-a medida que comían-queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, cinco personaxes que conforman un complexo mosaico humano. Provoca un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles pero que han de convivir a pesar das diferenzas. Son cinco universos que reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora aos seus intengrantes.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



