A Mariña, 7 de xullo de 2016. As instalacións de Cinelandia Ribadeo acollerán o vindeiro luns, 11 de xullo, ás 19.15 horas a presentación do spot da Mariña Federación, realizado para promocionar as compras na comarca.
O anuncio rodouse fai algunhas semanas en diferenzas localizaciones da Mariña. Trátase dunha aposta da Federación de Comercio mariñá, que aglutina a seis asociacións de comerciantes: O Vicedo, Viveiro, Xove, Burela, Foz e Ribadeo, para potenciar tanto o comercio próximo, tradicional e á vanguardia que nos podemos atopar na comarca como os exquisitos produtos desta zona, do mar e da terra, que podemos degustar en centenares de bares, mesóns e restaurantes.
A presentación do spot da Mariña Federación está aberta a todo o público que queira asistir. “Estaremos encantados de contar con veciños e veciñas da comarca e cos nosos asociados. A todos eles invitámolos a asistir o vindeiro luns a Cinelandia Ribadeo”, sinalan desde a directiva da Mariña Federación.
Ao acto asistirán, entre outros, o presidente do colectivo, Ramón Leivas, así como directivos das seis asociacións que forman a Federación de Comercio da Mariña.