Lugo, 30 de xullo de 2016.- Os socialistas lucenses celebraron este sábado o Comité Provincial, no que foi aprobada por aclamación popular ou unanimidade a candidatura do PSOE pola Provincia de Lugo ao Parlamento galego. Esta será agora sometida ao ditame dos Órganos Nacionais e, posteriormente, ratificada polos Órganos Federais do PSOE.
Representación de toda a provincia, igualitaria, renovación ao 90% e cunha media de idade de 40 anos son as principais características desta candidatura, que se presenta con forza e unidade para defender os intereses de todos os veciños da provincia de Lugo e acadar o cambio de ciclo en Galicia.
Esta candidatura é froito das propostas que formularon todas as agrupacións municipais lucenses, cos seus correspondentes militantes, nas asembleas que se celebraron dende o 21 ao 28 de xullo.
Está integrada por 14 socialistas, 7 homes e 7 mulleres, que se intercalan nos postos que ocupan en defensa da igualdade de xénero, acadando unha candidatura paritaria. Representan a todo o territorio lugués, pois son de Concellos de todas as Comarcas, dende Lugo, Lemos, A Mariña, Terra Chá, Chantada, Sarria, Ulloa ou a Montaña.
Os socialistas que a integran son os seguintes:
1.- Luis Manuel Álvarez Martínez (Lugo/Lugo)
2.- María Concepción Burgo López (Lugo/Lugo)
3.- José Antonio Quiroga Díaz (Lemos/O Saviñao)
4.- Patricia Otero Rodríguez (A Mariña/Burela)
5.- Rodrigo Pavón Rodríguez (Terra Chá/Vilalba)
6.- Raquel López Rodríguez (Chantada)
7.- Carlos López López (A Montaña/A Fonsagrada)
8.- Cristina Losas Soria (A Mariña/Ribadeo)
9.- Iván Castro Díaz (Sarria/Paradela)
10.- Marina Doutón Rajo (Lemos/Monforte)
11.- Pablo Núñez González (Lugo/Lugo)
12.- Marisol Morandeira Morandeira (Terra Chá/Guitiriz)
13.- Roi Rigueira Agromartín (Ulloa/Taboada)
14.- Carmen Álvarez Álvarez (A Montaña/ Folgoso do Courel)