NÉBOA, GANCHO SÁNCHES, PANTIS, THE PHANTOM DRAGSTERS e AGORAPHOBIA porán música á terceira xornada do festival VRAO Sons Independentes que a asociación Ó Cultural! organiza en Foz.
Desta volta será no escenario Namarinos cando se poderá disfrutar da música o sábado 16 de xullo despois de dous sábados de concertos con MATAR GENTE, THE LÁKAZANS, NAVE NODRIZA, MÚSCULO!; PEÑA, MUSEL, PABLO SEIJAS, DOIS e LINDA GUILALA.
O ciclo complétase con outros proxectos musicais da actual escena independente galega ata completar os 25 nomes: THOMAS DYLAN (sesión vermú), 2PAS0S, UPPERCUT, CRÓ!, DIOLA e ORQUESTA PÁNICO o sábado 23 de xullo no Escenario Trás! e ABELVISIÓN Dj Set, FRIPP & KITTE, WÖYZA, SEN SENRA e DISCO EPISCOPAL o 30 de xullo no Escenario Zorza Celtas.