Ribadeo, 5 de xullo de 2016. Este mércores 6 de xullo da comezo en Ribadeo o programa Cultura no Camiño. Será coa actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona no Parque de San Francisco a partir das oito e media da tarde. Trátase dun espectáculo para toda a familia, segundo deu a coñecer este martes o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil nacionalista explicou que “este mércores, ás oito da tarde, iníciase en Ribadeo o programa Cultura no Camiño, que traerá ata a nosa vila unha serie de actividades infantís ao aire libre ao longo de todo o verán”.
Farruco Graña dixo que “comezamos pois este mércores, 6 de xullo, ás 20.30 horas, coa actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, de Troula Animación. Este musical infantil desenvolverase no Parque de San Francisco con entrada libre. Se o tempo non acompañara e este orballo seguira persistindo, agardemos que por moi poucos días, sería no Cine Teatro”.
O concelleiro de Cultura contou que “esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolles o seu toque particular, dende A Carolina rapeada ata O Jato rockeiro,…pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nenos e nenas presentes sexan partícipes deste des-concerto, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa”.
Graña anima “a toda a familia a acudir a esta importante cita para toda a familia. Todos estes mércores, ás 20.30 horas, para escoitar a Uxía Lambona e a Banda Molona no Parque de San Francisco. Lembramos que se hai orballo trasládase ao Cine Teatro”.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



