Foz, 27 de xullo de 2016. O Campo da Cabana acollerá mañá, xoves, unha degustación de xamón gratuíta, durante o fin de semana haberá varias actividades musicais en Foz e o luns empezarán as XXI Xornadas de Historia Local. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura focense, Silvia Blach.
“Este xoves, día 28 ás oito da tarde temos no Campo da Cabana degustación de xamón gratuíta a cargo da Pulpería Chelo e a música vai ser de parte de Juan Soto e Jorge Ibáñez. Organizan os establecementos do Campo da Cabana. E o venres 29 ás nove da noite na Praza do Concello rematará a XI edición de Sons na Rúa cun concerto da Coral Polifónica de Foz. O sábado, día 30, na basílica de San Martiño de Mondoñedo ás sete da tarde haberá un concerto de música do barroco francés a cargo de David Bellas e Carlos Timiraos. E ás oito e media diante do Cenima teremos Zorza Celtas, unha zorzada popular organizada polo club de baloncesto Celtas de Foz. A continuación, a partir das nove da noite e ata as tres da madrugada o festival Vrao terá o seu último día da edición deste ano. E no Cenima ata o día 30 de xullo temos as exposicións de José Ramón Irazu e de Noé López”, explicou a edil de Cultura.
Silvia Blach tamén avanzou que “na primeira semana de agosto temos na Casa da Cultura ás oito e media da tarde todos os días as XXI Xornadas de Historia Local. O luns, día 1, haberá unha charla de José Manuel Romero Moreno, que falará do Condado do Fontao; o martes 2 o tema será as Irmandades da Fala na Mariña, por Carlos Nuevo Cal; o mércores, día 3, da emigración focega falará Martín Fernández Vizoso; o xoves 4 o tema será a represión e a guerrilla en Foz, a cargo de Eliseo Fernández Fernández; e o venres 5, a charla será sobre os normandos no norte galego, por Xoán Ramón Fernández Pacios. Estes eventos están organizados pola asociación A Pomba do Arco”.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



