Burela, 11 de Xullo de 2016 – O viveirense Joel Romero Parapar logrou acadar o subcampionato de España na categoría de Goshin Shobu +90kg, modalidade de combate de defensa persoal, esta fin de semana no XIV Campionato de España de Tai Jitsu, disciplina da Real Federación Española de Kárate, celebrado en Valencia.
Esta medalla de prata corrobora a gran tempada que leva feito Joel, xa que tamén é o actual subcampión de Galicia. Tamén competiu na modalidade de Kata coa sua compañeira na selección galega, a xovencisima Inés Hernández Crego, que con tan só 15 anos é a campioa de Galicia na súa categoría, e que en Valencia competiu canda Joel na categoría senior onde se mediron a competidores con moita máis vagaxe e experiencia nos campionatos nacionais.
A Asociación de Artes Marciales da Mariña, con sede en Burela e á cal pertencen ambos deportistas, quere felicitar o éxito acadado polos nosos compañeiros en Valencia e destacar que “é un auténtico orgullo poder entrenar cada día con Inés e Joel, dúas persoas que non entrenan para acadar ningún título, senón que é a consecuencia de facer o que lles gusta e pásalo ben practicando dentro do tatami”.
É de rigor reseñar o futuro prometedor que nesta disciplina teñen ambos deportistas, a vivencia dun campionato nacional con 15 e 20 anos auguralles a ambos que aínda lles quedan moitos anos por diante para seguir colleitando éxitos e recoñecementos tanto a nivel autonómico coma dentro do territorio nacional.