Unha canción anarquista arxentina do século XIX entre as máis populares de Foz
Foz, 27 de xullo, 2025. A XXVIII edición das Xornadas de historia de Foz organizadas pola asociación A Pomba do Arco arrancan este luns 28 de xullo ás 23:30 cunha palestra da música e cantante Ugia Pedreira titulada “Achegamento á musica de tradición oral na Mariña”. Na mesma, a relatora fará un percorrido pola tradición musical de orixe popular na comarca, analizando as letras e o os sons que conforman o noso corpo musical así como as pegadas que se poden seguir na mesma.
Ugia Pedreira incidirá na relación da musica mariñá coa existente na área de cultura galega do occidente asturiano así como con aquela que procede doutras áreas do Cantábrico, coas que a comarca mantivo ao longo dos séculos unha relación marítima asociada a actividade pesqueira. Sen ir máis lonxe, un dos coros máis lembrados de Foz dos anos 30 estivo dirixido por un mariñeiro cántabro natural de Laredo, Eugenio Bustamante, que nesa época se emprazou en Foz coa súa familia e morreu en 1945 no naufraxio do barco Jesús Nazareno
Pedreira analizará o importante pouso deixado na tradición musical mariñá polos ritmos chegados da emigración. A este respecto, destaca a influencia da música procedente de Cuba e, tamén, da Arxentina, principais destinos migración mariñá nas tres primeiras décadas do século XX. Precisamente, unha destas cancións é a composición Soy el nuevo poblador, un dos temas de referencia da musica popular de Foz, moi presente xa nos anos 30 e que se continúa cantando até hoxe malia prohibición da que foi obxecto durante a ditadura.
Unha canción anarquista arxentina unha das máis populares de Foz
Unha das descubertas que Pedreira ofrecerá na súa palestra ten que ver, precisamente, con esta peza. Segundo achou Pedreira nas súas investigacións, esta canción fixo parte a finais do século XIX e de comezos do século XX do repertorio dos payadores anarquistas arxentinos, músicos populares que acompañados da súa guitarra improvisaban os seus versos neste caso de denuncia social. A este respecto, a relatora das xornadas confirmou que boa parte dos versos e das estrofas da canción coñecida en Foz como Soy el nuevo poblador fan parte dunha peza titulada Milongas anárquicas.
Milongas anárquicas é unha canción que xa aparece recollida no Almanaque Popular de La Questione Sociale para 1896, publico en Bos Aires en 1895. A este respecto, Pedreira explicará que a composición aparece como deu autor anónimo, mais sinalou que esta resultou habitual en moitos casos pois os músicos payadores que cantaban estas cancións eran moi perseguidas polas autoridades polo seu forte contido político e social.
Ugia Pedreira á unha das grandes referencias da musica galega contemporánea. Natural de Vilaronte (Foz), fixo parte de grupos como Chouteira, Nordestinas ou Martul, sendo a impulsora de proxectos chave da música galega como o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín ou A Central Folque. Actualmente continúa a súa carreira musical en solitario, recibindo en 2022 o prestixioso Premio da Crítica da Galiza pola súa traxectoria de máis de 35 anos nos escenarios galegos.
Os maragatos na Mariña
As xornadas continuará o martes 29 de xullo ás 20:30 cunha palestra do investigador laurentino Vidal Martínez-Sierra, quen se achegará á presenza dos maragatos na Mariña. A este respecto, Martínez-Sierra ten documentado que os maragatos comezaron a asentarse na comarca a finais do século XIX, ficando aínda na zona moitas familias desa orixe en localidades como Mondoñedo, Ribadeo, Foz, Lourenzá ou Cervo.






















A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



