Un ano máis a Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza as Xornadas de Historia Local. Nesta ocasión, as dúas charlas versarán sobre un tema común: Ribadeo e a emigración. O xornalista Martín Fernández Vizoso será o encargado das dúas charlas: o xoves 28 falará da emigración da Mariña a Cuba “O caso de Ribadeo” e o venres 29 da Festa de Indianos “Invención ou recreación histórica?”. Como é habitual, serán ás 20.30 horas no salón de actos da Casa do Mar.
XIV Xornadas de Historia Local de Ribadeo sobre “emigración”
XIV Xornadas de Historia Local de Ribadeo sobre “emigración”
Relacionado
-
O vindeiro luns, 30 de xuño, dará comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos
-
Visita do alumnado do obradoiro “Terra do Ortegal II” a ASPROMOR
-
Unha muller faleceu tras ser alcanzada por un tren nun paso a nivel en Rábade