O Vicedo 8-8-16. O mércores 10, ás 22:30h, dentro dos mércores de natureza, organizamos por primeira vez unha ruta de sendeirismo nocturna. Trátase dunha ruta entre as 3 pontes sobre o Río Sor e a praia de Xilloi, pasando por Arealonga, Moledos, Porto do Vicedo, praia de Vidreiro, praia de Caolín, Trasmonte e praia de Xilloi. É unha ruta duns 7 km, moi fácil, e que rematará cunha chocolatada na Parrillada Los Árboles, ao redor das 12 da noite. O prezo por participar nesta chocolatada final é de 2 €.
Para a xente que non queira ou non poida camiñar tanto, como poden ser os nenos, por exemplo, hai a posibilidade de que se incorporen á marcha na zona do Porto pesqueiro do Vicedo, co cal a ruta se reduce a uns 3 km. En calquera caso, hai que anotarse no teléfono 982 590195 ou no mail concello@concellodovicedo.org
O venres 12 unha actividade tradicional, o concurso de figuras de area ás 17h na praia de Xilloi. Haberá 4 categorías: de 3 a 5 anos, de 6 a 11 anos, de 12 a 16 anos e maiores de 17.Haberá premios para os 2 primeiros clasificados de cada categoría e poderase participar individualmente ou en grupos de ata 3 persoas.