O Valadouro. 8-8-16. A terceira Ponte Literaria do verán contará coa presenza de escritores de varias localidades da Mariña ou que adoitan veranear na comarca, entre eles estará Iolanda Aldrei, membro do colectivo poético compostelán “A porta verde do sétimo andar” ou Fran Bouso, un dos impulsores do evento “Mondoñedo é poesía”.
Pola súa banda, Lionel Rexes lerá fragmentos do relato Monsieur Bocskai, obra coa acadou un accésit no certame literario Pedrón de Ouro en 2015.
Entre outras persoas participarán lendo as súas creacións:
Fran Bouso. Palabras de agasallo. (Artigo)
Iolanda Aldrei. O Rapto de Europa. (Poesía)
Isaac Ferreira. A casa grande. (Conto)
Lionel Rexes. Monsieur Bocskai. (Conto)
Manuel Lourenzo. Catro pontes. (Documental)
Xesús Pisón. O regreso e Televisión. (Teatro)
Vera Reges. Abrazo de la ola. (Conto)
Na primeira xuntanza deste verán púxose en marcha, de xeito espontáneo, unha práctica que vimos de adoptar como futuro costume: A doazón de libros que non desexamos continuar conservando nas nosas bibliotecas particulares. Deste xeito, animamos os participantes que desexen desfacerse de libros usados, a traelos para continuar coa práctica da doazón espontánea.
En caso de tempo chuvioso, o acto trasladarase a un estabelecemento próximo.