Mondoñedo 27 de agosto de 2016.- As pistas de pádel do Concello de Mondoñedo contarán cunha ordenanza que permitirá a súa posta en funcionamento. A sesión plenaria celebrada onte no municipio sacou adiante este regulamento no que se establecen as tarifas para o alquiler das pistas “que son unhas das máis económicas da comarca e da provincia” precisou a alcaldesa, Elena Candia.
A rexedora amosouse moi satisfeita coa aprobación desta ordenanza que permite alquilar as pistas para o seu uso “polo simbólico prezo de 3 euros por hora e media”.
As pistas, ubicadas ao carón do pavillón municipal e de outras instalacións deportivas e de ocio da localidade, “contribuirán a impulsar e fomentar a actividade deportiva entre os veciños e veciñas de Mondoñedo”.
El rexedora mindoniense destacou que “a localidade conta cun gran número de poboación nova e coa posta en marcha deste servizo, pensado para todos os veciños e veciñas, permitirase o seu alquiler a través de un cómodo sistema, o que garantirá o seu correcto funcionamento”.
Candia precisou que “o pago realizarase nas oficinas municipais no momento de levar a cabo a reserva da pista, cubrindo o interesado o correspondente formulario onde constará os datos do solicitante, o día e as horas reservadas”.
A alcaldesa precisou que “coa posta en marcha destas pistas sumamos unha actividade máis á ampla oferta de ocio coa que conta o Concello de Mondoñedo” e animou a todos os veciños e veciñas “a desfrutar do uso destas instalacións”.
APOSTA DO GOBERNO LOCAL POLO DEPORTE
“Coa posta en funcionamento das pistas de pádel reforzamos a nosa aposta polo deporte”, sinalou a alcaldesa.
Candia salientou que se trata “dunha iniciativa máis que unida ao arranxo do campo de fútbol, á mellora das instalacións das piscinas municipais ou o á renovación da pista do pavillón, da que tamén eliminamos o cobro polo seu uso, certifican firme compromiso do goberno local co deporte”.






















O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



